(I) Se vos prouguese, Amor, ben me debía axudar contra vós o bo xuízo, pois tal porfía collestes comigo que non sei como poderei vivir sen vós, que me tendes no voso poder e non me deixades de noite nin de día.
(II) Por iso comete unha insensatez quen se fía de vós coma min, que houben de morrer polo voso amor, no que eu confiaba moito, e pensaba coa vosa axuda vencer a que vós me fixestes amar, e fallástesme cando eu precisaba de vós.
(III) E por isto, Amor, estaría moi ben se eu por vós puidese recibir ben da miña señora, de quen eu recibiría ben só con que a vós vos prouguese; mais vós, Amor, non queredes fazer nada de canto eu consideraría un ben.
(IV) E de bo grado eu vos abandonaría, Amor, se así encontrase repouso; mais encóntrovos comigo en todo o momento cada vez que me vou esconder de vós, e, xa que sen vós non podo vivir, se me matásedes xa, praceríame.