(I) Sei ben que cantos no mundo amaron e aman, todos eles foron probados por Amor, e fíxome a min amar unha señora entre todas cantas donas no mundo eles loaron polas súas cualidades, e desde ese momento moi coitado me tivo Amor, pois fiquei desenganado dos que aman e dos que amaron.
(II) E desde entón, por cantos deixaron de amar, por isto me trabou Amor, porque me probou a min como leal amador, e, por causa dos outros, que xa o deixaron, quere matarme por esto, infeliz de min!, porque (Amor) sabe que nunca se poderá vingar daqueles que o abandonaron.
(III) E séntese ben comigo, porque actúo como o seu servidor, aínda que me tivo infeliz en poder desta dona que me fixo amar, e matarame por isto, e non sei cando, e praceríame se Amor achase, despois da miña morte, quen ficase con el como eu fiquei desde o moito tempo que hai que por seu ando!
(IV) E matarame por isto, desexando ben desta dona, pois non ten poder para facer mal aos outros, porque os outros fóronse afastando del, aínda que sei o que acontecería se Amor lles mostrase esta dona despois da miña morte: mataríaos desexando ben dela.
(1) E non sei outra cousa por que Amor se vingase nin por que nunca fose xustamente resarcido dos que así o foron abandonando.