(I) Vivo fermosa con moi gran pesar e moi coitada no meu corazón, e choro moito, e fago (algo) moi razoábel, por Deus, miña nai, en moito chorar por meu amigo e miña luz e meu ben, que se foi de aquí, ai madre, e non vén.
(II) E ben sei eu, claramente, que para o meu mal me fixo Deus nacer tan fermosa, xa que agora me fai morrer, como morro, pois morro, madre, se Deus non me socorre, por meu amigo e miña luz e meu ben, que se foi de aquí, ai madre, e non vén.
(III) E fíxome Deus nacer, abofé, para o meu mal, e aínda me fixo logo a máis fermosa de todas as donas que vin, e morro, madre, e vede por que é: por meu amigo e miña luz e meu ben, que se foi de aquí, ai madre, e non vén.
(1) E, pois Deus quere que eu morra por iso, saiban todos que morro queréndolle ben.