(I) Sempre ando pensando para min como eu iría ver a miña señora e como me atrevería a dicirlle o ben que lle eu quero, e sei que non me atreverei a dicirlle nada diso, mais vereina un pouco, e irei por iso con gran coita no meu corazón, (II) tal que, se a vir, cantas cousas hai no mundo non me han librar da morte, despois de non me atrever a lle dicir o moito que a amo; e por iso non sei que facer nin sei agora se tente ir alí, se non; e o meu razoamento e as solucións que se me ocorren todas aquí están.

(III) E así vivo desde hai moito tempo, pensando moito, e non sei que facer; porén, xa que non lle hei dicir o moito que eu a amo, coido que non me é de proveito ir alí; mais sei outra cousa por iso: que morrerei se a non vir. E quen soportou tantas coitas durante tanto tempo?

(IV) Eu e non outro, porque non me ten por seu (servidor), e morro, así Deus me perdoe.