(I) Sempre eu, miña señora, desexei e desexarei, máis que calquera outra cousa, obter o voso galardón polo moito servizo que vos fixen, mais non con esperanza de obter recompensa de vós, porque ben sei que nunca recibirei de vós senón mal e desprezo.

(II) Desexo eu moito máis que calquera outra cousa o que pouco proveito me ten, pois desexo obter a vosa recompensa, mais non con esperanza que teña no mal que me vén de vós, nin (pola esperanza de recibir) outro galardón senón mal e desprezo.

(III) Desexo o voso ben con moita razón, así Deus me perdoe, moito máis de cantas outras cousas son, mais non con esperanza que teña de nin sequera pensar en recibir de vós como galardón senón mal e desprezo.