(I) Eu sempre me esforcei en servir a miña señora o máis que puiden, así me veña ben; mais direivos o que me acontece por iso e o poder en que me ten Amor: ela non me quere facer ningún ben e Amor faime morrer por ela, (II) porque, desde que a vin, non me interesei por cousa ningunha excepto por ela, e sempre me esforcei en servila; mais diso non teño nada excepto isto, e por iso me acontece así: ela non me quere facer ningún ben e Amor faime morrer por ela.

(III) E sempre eu pensei no meu corazón en prestarlle servizo e en evitar causarlle pesar xa nunca máis; porén, vénme mal diso por esta razón: ela non me quere facer ningún ben e Amor faime morrer por ela.