(I) Sempre eu, señora, temín a miña morte máis que outra cousa e xa, abofé, non a temo; e vede por que é: por isto que vos agora direi: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte.

(II) Pensaba eu que sempre tería de temer a morte, que sempre temín; mais agora, señora, xa non é así por isto que vos quero dicir: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte.

(III) Nin sequera me pasaba polo pensamento que eu puidese de forma ningunha perder o medo á morte; mais agora vexo ben que non o teño, e vede por que non: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte, (1) que eu sempre tiven, e, por Deus, miña señora, moito peor me foi perdelo!