(I) Sempre eu roguei a Deus, señora, para que de vós me dese ben, e non quere; mais aínda lle quero rogar outra cousa e, despois que saiba que lle rogo outra cousa, algunha cousa me dará logo, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.

(II) E deste xeito quero eu pór a proba a Deus, pois hai moito tempo que outra cousa lle roguei de vós, señora; mais agora verei se me é de proveito rogarlle así, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.

(III) Xa que El sempre me deu outra cousa, e outra cousa (diferente) desexo eu no meu corazón, rogareille isto, e pensará que non será o meu ben e daramo por mal, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.