(I) Señora, aquel que sempre sofre mal, mentres padece mal non sabe que é o ben, e o que recibe ben sempre, igualmente do mal non pode saber nada; por iso querede, xa que eu, señora, por causa de vós fun sempre sufridor de mal, que saiba por algún tempo que é o ben, (II) porque o ben, señora, non o podo eu coñecer agás por vós, por quen eu coñezo o mal; alén diso, o mal non o podo perder se non é por vós; e xa que non teño o ben, querede agora, señora, sequera por Deus, xa que en vós puxo canto ben existe no mundo, que eu coñeza o ben, posto que coñezo o mal, (III) porque, se non coñecese algunha vez o ben por vós, por quen eu sufrín mal, non vexo saída para iso, agás a morte, e vós perdedes comigo a mesura; por iso querede, por Deus, que vos deu tanto ben, que por vós coñeza eu o ben, señora, por canto mal sufrín.