(I) Señora, desde que vos vin e fun falar convosco, sabede por min mesmo o moito que desexei o voso ben, e, xa que así é, (sabede) que pouco podo durar e que morro, con certeza: porque me facedes mal e non recibo de vós outra cousa, a miña morte teño ao alcance da man, (II) porque tanto desexei ter o voso ben, señora, que vos vou dicir a verdade, así Deus me dea o voso amor: por canto eu hoxe podo crer, o meu corazón non está san por causa da preocupación e do medo, porque me facedes mal e non recibo de vós outra cousa, a miña morte teño ao alcance da man.

(III) E véñovolo dicir, señora do meu corazón, para que poidades entender como sufrín unha gran desgraza cando vos vin; e por este motivo morro así, servindo sen recompensa: porque me facedes mal e non recibo de vós outra cousa, a miña morte teño ao alcance da man.