(I) Señora, en tan grave día vos vin que non podería ser máis; e por Santa María, que vos fixo tan mesurada, tende dó algún día de min, señora ben feita.

(II) Pois sempre hai en vós mesura e todo ben e cordura, xa que Deus fixo en vós feitura cal non fixo en ningunha outra muller nada, apiadádevos por mesura de min, señora ben feita.

(III) E, por Deus, señora, actuade con mesura pola gran bondade que El vos deu, e considerade que vida coitada vivo, e tende algunha piedade de min, señora ben feita.