(I) Señora, eu vivo unha vida coitada desde que non vos vin; mais, pois así o queredes vós, por Deus, señora ben feita, querede ter piedade de min ou senón deixádeme ir morrer.

(II) Vós tendes tanto poder sobre min que o meu mal e o meu ben todo está en vós; e por iso, por Deus, miña señora fermosa, querede ter piedade de min ou senón deixádeme ir morrer.

(III) Eu vivo por vós tal vida que nunca estes ollos meus dormen, miña señora; e, por Deus, que vos fixo cumprida de ben, querede ter piedade de min ou senón deixádeme ir morrer, (1) pois, señora, éme pracer todo canto vós quixerdes facer.