(I) Señora, eu quérovos dicir unha cousa, aínda que sei que vos direi algo que vos pesará; vede: cando vos eu veño ver e penso en vós canto eu niso podo pensar, señora, síntome marabillado porque alguén poida verse libre, após vos ver, de vos moito amar.

(II) Porque, señora, por canto quixo Deus facer que no mundo un home amase unha muller, todo iso eu vexo en vós, aínda que vós vos empeñades en negalo: mais, Deus, que cousa tan despropositada o poderdes vós ter negado tan gran ben como vos Deus quixo dar!

(III) E, señora, se vos compracese, non me vos debiades queixar porque non sei vivir sen vós: non sei desexar outra cousa no mundo agás vós, o que acontece moi contra a miña vontade; e sabede ademais que, infelizmente, non vos hei custar nada do voso.

(IV) E, señora, por Deus, que vos fixo nacer, xa que eu non vos hei custar nada, que perdedes con que eu sexa voso (servidor) ou con falardes vós un pouco do meu (caso)? Porque sei que do meu caso xa falei, pois saben que en mal día nacín porque vos vin e vos ouvín falar.