(I) Señora fermosa, desde aquel día en que vos vin por vez primeira, desde entón nunca durmín como antes durmía nin tampouco estiven ledo, e vede por que non: pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben.
(II) E Deus sabe, e Santa María, que eu non amo tanto ningunha outra cousa no meu corazón como vos amo a vós, nin tampouco podería, e se morro por iso farei ben pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben.
(III) E antes querería eu xa a morte que vivir como eu vivo desde hai moito tempo, e a miña morte mellor me sería que vivir máis, así Deus me perdoe, pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben, (1) porque vós sodes a miña coita e o meu ben, e por vós teño canta coita me vén.