(I) Señora fermosa, sabe Deus agora que desde que vos amei sempre vos servín canto eu máis puiden; e servinvos así, abofé, polo que vos direi: (por ver) se podería recibir de vós ben, e que así eu fixese pesar a quen (II) vós sabedes no voso corazón que vos causou el moitas veces pesar; e ámovos eu canto vos podo amar e sírvovos por esta razón: (por ver) se podería recibir de vós ben, e que así eu fixese pesar a quen (III) vós sabedes, pois ben condirá convosco que vos sirva quen vos mereceu, e a min (cadrarame) ben, porque ando louco por vós; señora, dicide agora xa se podería recibir de vós ben, e que así eu fixese pesar a quen
(1) vós sabedes [...].