(I) Señora fermosa e de corazón moi louzán, querédevos doer de min, infeliz, que vos quero máis que a min mesmo; aínda que sei con certeza que me queredes peor que a calquera outra cousa, mais, señora, quérovos eu tan ben (II) canto máis podo, e o máis en secreto que podo; e ben sei de Brancafrol que Flores non lle tivo tal amor como o que eu vos teño; aínda que estou certo de que me queredes peor que a calquera outra cousa, mais, señora, quérovos eu tan ben (III) canto máis podo, e sei ben que o moi namorado Tristán non amou Iseu tanto como eu vos amo, isto seino con certeza, e alén disto sei tamén, pobre de min, que me queredes peor que a calquera outra cousa, mais, señora, quérovos eu tan ben (1) canto máis podo; e todo isto me acontece a min, coitado, e que perdín a cordura.