(I) Señora fermosa, non podo eu imaxinar que é aquilo en que merecín tanto mal canto me vós facedes; e véñovos preguntar por que iso é así, porque non podo entender, así Deus me deixe ter o voso ben, nada en que volo puidese merecer, (II) se é, señora, porque vos sei amar moito máis que aos meus ollos nin que a min; e así foi sempre desde que vos vin, mais sabe Deus que sinto un gran pesar por vos amar, mais non podo facer outra cousa; e por iso vós, a quen Deus fixo sen par, non me debedes culpar por iso, (III) pois Deus sabe que, se eu puidese deixar de facelo desde que comecei a servir, de moi boa vontade o fixera logo alí; mais nunca puiden forzar o corazón para que non deixase de vos amar; e por iso non debo eu sufrir tanto, señora, nin debo por iso morrer.