(I) Fermosa señora, logo que vos vin, sufrín tan gran coita de amor que non fun feliz nin durmín nin tiven desexo de ningunha outra cousa, pensando sempre, miña señora, en vós, que vos fixo Deus a mellor dona de todas as donas que vin.
(II) Abofé, considero –isto pódoo xurar, señora, e non mentirei niso– que non vos vou lisonxear; antes ben, quérovos desenganar: sobre todas vos quixo dar Deus, señora, a mellor cualidade en todo ben.
(III) E, pois que así é, que vos fixo Deus valer máis que cantas outras mulleres hai no mundo, quérovos dicir a verdade: aínda que Deus exerza todo o seu poder en facer outra (señora) tan boa, coma vós non a podería facer!