(I) Señora fermosa, por cal Deus vos fixo e por canto ben en vós quixo pór, se me quixésedes dicir agora o que xa vos preguntei outra vez, coido que me fariades un gran ben en me dicirdes se canto mal me vén por vós é causa de louvor e prez para vós, (II) porque, se fose causa de prez ou de louvor, matárdesme sería o xusto, e eu non diría que non; mais sabede unha cousa: que ningún prez nin louvor vos causa, antes errades moito, abofé, en me matardes, fermosa señora.
(III) E saben cantos nos coñecen a vós e a min que nunca amei nada como a vós; alén diso, saben que nunca vos faltei e saben tamén que sempre vos servín o mellor que puiden e que souben; e por iso facedes mal en matarme, pois eu, señora, non volo merecín.