(I) Señora fermosa, que de corazón servín sempre e sirvo e servirei, a cambio do moito mal que eu levo e levei por vós, coido que sería moi razoábel facérdesme recibir algún ben de vós, señora, como compensación de canto mal me vén.
(II) Da vosa figura e do voso fermoso ollar vénme a min moito mal, e, xa que de vós nunca puiden obter outra cousa, sería razoábel, segundo eu penso, facérdesme recibir algún ben de vós, señora, como compensación de canto mal me vén.
(III) E o carácter mesurado que Deus vos quixo dar, e o corpo moi ben feito e a gran beleza [...], para me librar da morte, era hora xa, luz dos meus ollos, de me facerdes recibir algún ben de vós, señora, como compensación de canto mal me vén.