(I) –Señora fermosa, así eu vexa pracer, despois que non vos vin tiven un pesar tan grande que Deus nunca me deixou gozar de ningunha outra cousa.
–Como puidestes tanto mal soportar?
Pensei en vós e por iso sobrevivín, pois (doutro xeito) non tería vivido nada do que vivín.
(II) Direivos outra cousa, señora fermosa, e crede isto, miña luz e meu ben: despois que non vos vin non vin pracer de nada.
–Como puidestes soportar tanto mal?
Pensei en vós e por iso sobrevivín, pois (doutro xeito) non tería vivido nada do que vivín.
(III) Crede, luz destes ollos meus que, desde que vos non puiden eu ver, aínda que vía, nunca vin nada pracenteiro.
–Como soportastes tanto mal, por Deus?
Pensei en vós e por iso sobrevivín, pois (doutro xeito) non tería vivido nada do que vivín.