(I) Señora fermosa, tan de corazón vos faría pracer, se puidese, que Xesús Cristo nunca me perdoe nin me deixe recibir ben de vós se eu soubese que vos pracería a miña morte e se logo eu non querería (II) morrer, señora, pois a min práceme todo canto a vós vos prace, pois iso é o meu ben, e que sexa verdade, que así é; mais mal me veña, que xa me vén, se eu soubese que vos pracería a miña morte e se logo eu non querería (III) morrer, señora, pois se eu vos fixese pracer, ai luz destes ollos meus, nunca moi mal podería morrer; e por isto que nunca me valla Deus se eu soubese que vos pracería a miña morte e se logo eu non querería (morrer).