(I) Fermosa señora, véxome morrer, e a min práceme moi de corazón a miña morte, así Deus me perdoe, por isto que vos quero dicir: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!

(II) Abofé, desexo a miña morte, e xúrovos que hai moito tempo que rogo a Deus pola miña morte, e non por outra cousa, por isto que vos digo, señora: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!

(III) E, abofé, desexo moito a miña morte porque comprendín que vos pracía; e, xa que é así, moito me prace polo que vos direi: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso, (IV) porque non preciso vivir máis! E por iso me prace moito morrer agora por vós, e coido que Deus me fai ben niso, miña señora, por isto que vos direi: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!

(1) E ben vos xuro, señora, que me satisfai a miña morte, xa que vos prace a vós.