(I) Señora fermosa, véxovos queixar porque vos amo e sinto un gran pesar no meu corazón, –así Deus me perdoe–, porque vexo que vós sentides pesar por iso, e eu querería de grado deixar de facelo, mais no podo forzar o corazón, (II) que me forzou o coñecemento e a cordura; e alén diso meteume baixo o voso poder, e do pesar eu que vexo que tendes, por Deus, señora, moito me pesa a min; e deixaría de vos amar, mais o corazón tírame o poder para o facer, (III) pois forzoume de tal xeito, señora, que xa non teño xuízo nin forza sobre min mesmo; e do pesar que vós sentides por iso sinto eu un pesar que non pode ser maior, e querería non non sentir amor por vós, mais o corazón pode máis ca min.