(I) Señor, vimos pedir que nos fagades xustiza, e faredes ben, pois tanto lle furtaron a Gris que non lle deixaron ren con que se poida cubrir; e isto é o que souben, por un xudeu: que este furto fixo un romeu que xa antes escarnecera outros.

(II) E coido que non veu mentir, polos sinais que el nos dixo que trae no rostro e que non ve preciso traelos ocultos; e se permitides isto, moi axiña lle quererán ir furtar o seu a outro, o que pode causar un dano moi grande.

(III) É un romeu que dese xeito quere servir a Deus para levar o roubado a Xerusalén, e non lle importa nada que Gris non teña nunca ren con que se cubrir, xa que todo canto el gastou e deu viña de alí –todo isto sei eu– e todo canto el levou e vestiu.