(I) Señora, xa que non me queredes facer ben nin así o tendes disposto, Deus sexa loado por iso; (II) mais xa que vós sabedes moi ben a inxustiza que me facedes, cometedes un gran pecado comigo, coitado de min.
(III) E xa que non tendes dó de min e nin sequera pensades niso, en mal día nacín; (IV) mais, por Deus, señora, cometeredes un pecado comigo, porque, vede, morro de balde e sen o voso recoñecemento.
(V) E xa que non parades mentes no meu sufrimento nin mudades o estado a que me trouxestes, (VI) faredes moi ben en me matardes, xa que me traedes así tan lonxe do ben que desexei.
(VII) E, señora, nin pensedes sequera que, aínda que me deades a morte, eu me sinta agraviado por iso, senón moi satisfeito.