(I) Señora, xa que Deus dispuxo que agora vos podo ver e falar, quérovos mostrar o meu estado para que vexades todo o que me pasa por causa de vós: vénme gran mal de vós, ai miña señora, en quen nunca puxo mal Noso Señor!

(II) E, señora, agradézolle eu a Deus este ben que me fixo en me facer vervos; e quero contarvos o meu estado para que vexades todo o que me pasa por causa de vós: vénme gran mal de vós, ai miña señora, en quen nunca puxo mal Noso Señor!

(III) E non sei cando vos volverei ver e por iso vos quero dicir aquí o meu estado, que sempre vos ocultei, para que vexades o que me pasa por vós: vénme gran mal de vós, ai miña señora, en quen nunca puxo mal Noso Señor, (1) porque non puxo en vós mal Noso Señor agás todo canto a min me facedes, señora.