(I) Señora, por Deus vos rogo que queirades saber un día como é a miña sorte convosco, a quen quero mellor que a cantas cousas Deus quixo facer, e, miña señora, non me atrevo a vos dicir nada da gran coita que me vós dades, e por vós morrerei de tal sorte!
(II) E isto é aquilo de que vós vos precavedes: de non facerdes senón o mellor e de non terdes en mente outro obxectivo; isto crede ben vós de min: que moi pequeno proveito recibo diso, pois Deus non quere que me fagades ben, de que vós no resto fagades o mellor.
(III) E, miña señora, canto máis ben facedes tanto me facedes a min levar maior aflición no meu corazón por desexar o ben que vos Deus deu; e, miña señora, isto lle rogo eu: que vexades a inxustiza que me facedes por me facerdes tal coita sufrir.