(I) Señora, por vós teño as coitas que teño, e por Amor, que me fixo amarvos, porque el sen vós non mas podería dar, nin vós sen el; e por isto non sei se me debo queixar de vós, señora, por estas coitas que teño, se de Amor, (II) porque vexo moitos a quen lles sinto dicir que viven coitados de Amor, non de outra cousa, e a min vénme mal del e de vós; e por isto non podo entender se me debo queixar de vós, señora, por estas coitas que teño, se de Amor.
(III) Pero Amor nunca me deu coitas nin me fixo mal senón desde que vos vin, nin vós (me fariades mal) se eu ante el non fose alí; e por estas razóns non sei eu se me debo queixar de vós, señora, por estas coitas que teño, se de Amor.
(1) E, por Deus, facédeme saber se me hei de queixar de vós, se de Amor.