(I) Señora, que duro corazón vos deu Deus sempre contra min, que tanto mal sofre este meu (corazón) por vós, certamente, e non por outra causa! Pois as miñas coitas son o voso gozo, en mal día eu vos vin, pois non vos apiadades de min.
(II) Debiades ter dó de min, señora, certamente, pois canto mal sufro é por causa vosa, e vérdesme así sufrir! Pois as miñas coitas vos causan pracer, en mal día eu vos vin, pois non vos apiadades de min.