(I) Señora, que mal vos lembrades de todo canto mal eu sufrín e sufro por vós, crédeo ben, que, por Deus, xa non teño forza para soportar unha coita tan grande; mais oxalá Deus vos deixe experimentar parte da moi gran coita que me causades.
(II) E se Deus quere que experimentedes parte da miña coita, sei ben, aínda que agora me desamades, que logo daquela serei amado por vós, e vós poderedes coñecer o sufrimento que é padecer esta coita con que me matades.
(III) E, señora, podedes estar segura que daquela non temerei polo coita que me poidades causar, e, así o penso, recobrarei todo canto vós me fixestes perder; e vós recobraredes o entendemento logo que me fagades algún ben.