(I) Señora, os meus ollos sempre teñen gusto en vos catar, e (oxalá) que os vosos nunca vexan pesar, e por Deus, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar (II) sempre, en canto eu estiver vivo, pois nunca poden durmir nin recibir ben, senón ir onde vos vexan; e, señora, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar (III) sempre, miña señora, pois non é mérito facérdeslles mal; mais, por Deus, e non por outra cousa, que os vosos fixo así, non vos pese, e cataranvos a vós, a quen han de desexar.