(I) Señora, vexo eu que desexades ver a miña morte e o meu mal; xa que contra vós nada me vale, quérovos rogar, por Noso Señor, que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.
(II) Ben entendo eu no meu corazón que desexades ver a miña morte; xa que outro ben non me queredes conceder, quérovos rogar por unha razón que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.
(III) Sei eu moi ben que sentides mágoa porque sabedes que eu vos amo e que vos prace canto mal me vén por vós: por iso vos quero eu rogar que non vos pese aquilo que vos rogarei, e despois, se vos prouguer, morrerei.
(1) E, se vos prouguer o que vos direi e após eu morrer, xa non morrerei.