(I) Señora e luz destes ollos meus, abofé, direivos unha cousa e, se vos minto, non me veña ben nunca de vós nin de ninguén nin de Deus: desde o día en que vos non vin, miña señora, nunca despois vin (II) pracer nin ben nin tampouco o verei, se non vos vexo a vós, en canto eu estea vivo, ou a miña morte, fermosa miña señora, porque me sinto en relación a vós como vos direi: desde o día en que vos non vin, miña señora, nunca despois vin, (III) certamente, nada máis que moi gran pesar, pois todo canto vin me causou pesar e non souben que determinación tomar; e direivos, señora, desde cando: desde o día en que vos non vin, miña señora, nunca despois vin (1) nin verei pracer mentres eu viva, señora, se non vos vexo a vós ou a miña morte.