(I) Señora, eu vivo moi a meu pesar e moi coitado, así Deus me perdoe, por vós, que amo de todo corazón e a quen Deus me fixo amar, para o meu mal, e para o meu mal me vos foi mostrar, pois desde o día en que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín
(II) por vós, que eu por mal de min amei desde que vos vin, certamente, señora, pois desde entón o voso amor me fixo vivir na coita moi grande que hoxe eu teño, e polo meu mal vos vin e vos falei, pois desde o día en que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín
(III) por vós, que quero mellor que outra cousa, que Deus me fixo amar, para o meu mal, porque en tal coita me vexo vivir que xa perdín o sono e o siso, e por mal meu vos amo tanto, pois desde o día en que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín (1) por vós, que amo moito máis ca a min: creédeme ben, señora, que é así.