(I) Fermosa señora, crede por min que vos amo moi de corazón xa, e fago gran dereito e gran razón (niso), señora, porque nunca vin ningunha outra dona tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar (II) coma vós, señora; e, xa que así é, fago gran dereito en vos amar, pois nunca puiden ver outra dona, señora, abofé, tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar (III) coma vós, por quen cedo hei de morrer; mais antes direivos unha cousa: fago dereito en vos amar, porque nunca vin nin verei dona tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar.