(I) Señora fermosa, andei á procura dun remedio contra vós e non o puiden achar nin me puido axudar Deus, a quen fun pedir auxilio; e pois non achei remedio e fiquei no voso poder, non vos pese xa que eu vos ame, (II) por Deus!, e, se iso vos causa pesar, non mo fagades saber e poderédesme defender dunha gran coita ocultándomo; e direivos o meu estado: por ben pagado me terei se me quixerdes enganar. 

(III) Tan barato vos serei de pagar se o vós quixerdes facer, por Deus!, que vos ten no seu poder; ou, se me quixerdes matar, poderedes, porque non coñezo remedio nin vivirei, certamente, se vos causa pesar. 

(IV) E unha gran coita de amor me fai xurar, porque non a podo soportar, e faime dicir a verdade –de que nunca me atrevín a falar– da gran coita que eu sufro por vós; mais vexo xa que morrerei e quérome antes arriscar.