(I) Fermosa señora, xa perdín a cordura por vós e penso morrer axiña, porque vos amo máis que a ningunha outra cousa; e, abofé, se isto así for, todos cantos saben que eu vos amo dirán que vós me matastes, señora.
(II) E ben sei, señora, que non me podo librar de morrer por vós de modo ningún, pois vós non me queredes salvar; mais direivos de que teño pavor: todos cantos saben o amor que eu vos teño dirán que vós me matastes, señora.
(III) E esforzádevos en protexer de tal situación, fermosa señora, a vosa boa fama, porque, se eu morro por vós esta vez, vede de que vos fago sabedora: todos cantos saben que vos sei moito amar dirán que vós me matastes, señora.