(I) Fermosa señora, non teño eu hoxe a ninguén que vos queira mostrar a miña coita, nin eu, señora, non me atrevo a falarvos dela; non obstante, quérovos rogar unha cousa: que teñades compaixón de min por todo o afán que por vós sufrín.
(II) Por tanta coita, desde o momento en que vos vin, como sufrín sempre por vós, se vos prouguer, agora vos rogarei, señora, por Deus, por isto e non por outra cousa, que teñades compaixón de min por todo o afán que por vós sufrín.
(III) Ai miña señora, luz destes meus ollos, que eu vin sempre polo meu mal, non me atrevo a falarvos doutra cousa; mais, miña señora, eu vos rogo, por Deus, que teñades compaixón de min por todo o afán que por vós sufrín.