(I) Señora fermosa, por Deus, se vos fose grato, sería moi razoábel xa agora quererdes ter dó de min, porque, desde o mesmo intre que vos eu vin e que falei convosco, sábeo Deus, nunca desexei (recibir) un ben deste mundo a non ser o voso, (II) nin o desexarei no meu corazón en canto eu viva neste mundo, porque certamente vos amo máis que a cantas cousas existen no mundo; e ademais direivos unha cousa: nada me privará, eu ben o sei, de vos así amar non sendo a morte, (III) porque, sen dúbida, se diso me debese privar algunha cousa fóra a morte, miña señora, privaríame diso o moi gran gozo que vos vexo ter ao afastarme de vós moito máis que a outro home por iso; mais, miña señora, direivos unha cousa: non vos amo eu por vos desamar, (IV) crédeo ben, senón por vos servir moito en canto eu vivo for, e porque Deus vos fixo ser máis fermosa que calquera outra muller e mellor falar; e El, que vos tal fixo, se non me der algún ben de vós, señora, non me dea (tampouco) siso nin poder para vos desamar por iso, (1) pois eu sei ben, sen dúbida ningunha, que me será máis preciso vervos, miña señora, se iso vos prouguer, porque será o maior ben que neste mundo fai a un home outra muller.