(I) –Fermosa señora, xa que me vexo aquí, agradézolle a Deus que vos podo dicir a coita que me facedes sufrir, mais nin Deus nin vós me valedes nela.
–Amigo, polo meu amor e por min, sufride a coita que vos vén por min, porque sufrindo a coita se serve o ben.
(II) –Fermosa señora, padecín moita dor desde hai tempo, e esperei (cousa) mellor, mais Deus e vós facédesme (cousa) peor, e éme peor aínda de cando comecei (a amarvos).
–Amigo, por min que vola dei, sufride a coita que vos vén por min, porque sufrindo a coita se serve o ben.