(I) Fermosa señora, xa que eu hoxe así me vexo morrer de modo que contra vós non me vale cousa ningunha nin a grandísima coita que por vós sufrín desde que vos vin, isto vos direi: vede que coita teño que sufrir!

(II) E, miña señora, nada debía perder eu convosco por vos amar máis que a min mesmo nin a cousa ningunha, nin por non ter desexo de nada senón de vós e de poder vivir onde vos vexo, e ter que me ocultar de vós e de calquera outro para que non mo descubran.

(III) E, miña señora, con respecto a vós síntome como vos vou dicir: desde que vos amei perdín o gusto todo polo mundo e non puiden sentir satisfacción de ninguna outra cousa excepto de vós, e convenme, o máis que eu puider, evitar que me saibades isto.