(I) Señora fermosa, xa que Deus non quere nin a miña ventura que eu vos poida ver, convenme de hoxe en diante sufrir todas as coitas que sufrir poida por vós; e quero xa sempre pensar en como vos vin e tal cal desexarvos todos os días que eu viva, (II) e así me veña a morte cando me viñer, porque eu non teño desexo de perder nada da mansedume e da beleza e da bondade que hai en vós, se eu obrase ben; mais quero rogar a Deus que me deixe pasar así o tempo da miña vida, desexándovos tal cal vos vin, e sufrir, (III) porque todo o meu ben está no desexo; e din outros que sofren mal desexando unha señora, mais eu sinto gozo niso, porque vos desexo tal cal vos vin, e por iso vivo, porque sempre penso en tal cal vos vin, e tal vos desexei desde ese momento e desexarei mentres eu estiver vivo, (IV) porque sen desexos nunca eu vin quen puidese ter tan verdadeiro amor como o que eu hoxe teño nin que sufrise do que eu sufro, e isto me mantén: os grandes desexos que teño; e así quero vivir, e que sexa de min o que for, porque eu considero isto como mellor: (1) desexar sempre, porque, desde que non vos vin, non vivira nada do que vivín, señora, senón pensando en cal vos vin.