(I) Señora fermosa, canto eu maldixen o voso siso e a vós e o voso amor, foi coa ira que sentín, miña señora, e pola gran coita que así me fai, señora, perder de tal maneira a razón que vos maldixen a vós, en quen hai tanto ben canto nunca ouvín doutra muller.
(II) Mais vállame contra vós, por Deus, nesta situación a vosa mesura e o gran pavor que eu teño de vós, que sodes a mellor dona de cantas no mundo vin; e, se isto non me vale contra vós, señora fermosa, non coñezo hoxe outra razón con que eu me atreva a vos rogar por min.
(III) Mais a mesura, que tanto soe sempre valer, señora, a quen Deus lla quere dar, me valla contra vós, e o pesar que sinto, señora, por canto fun dicir, porque, miña señora, quen ten unha coita moi grande no corazón (esta) faille dicir algunha cousa para a que despois non sabe encontrar remedio, (1) como hoxe eu fago, e estou moi mal, porque, se me falta a vosa mesura, non hai outra saída, señora, agás morrer.