(I) Señora fermosa, que sempre servín –así Deus me deixe recibir ben de vós–, aínda que vós non mo queredes crer, desde aquel día en que vos vin, señora, contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.
(II) E, miña señora –así Deus me perdoe e me dea cedo o voso ben, que eu desexo máis que ningunha outra cousa–, desde que vos vin, miña señora, desde entón contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.
(III) E, miña señora –así Deus me axude contra vós, que me fai tanto amar que non sei que remedio tomar ao respecto–, desde que vos viron estes meus ollos contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.