(I) Señora fermosa, quérovos rogar por aquel Deus que vos fixo nacer e ser máis fermosa que as outras donas que El fixo neste mundo, e moi doce e de moito máis valor, que non vos pese por vos eu moito amar.
(II) Polo voso valor e por Deus, miña señora, e por mesura e por canto ben vos Deus deu, rógovos eu por iso que, se vos hoxe causo pesar por vos amar, miña señora, máis que a min mesmo, que non mo fagades saber.
(III) E, se me vós quixerdes consentir que eu vos ame, direivos unha cousa: niso farédesme o maior ben deste mundo e o que máis desexei desde que vos vin; e aínda vos direi máis diso: só por iso vos quero eu servir.