(I) Fermosa señora, eu querería saber de vós, a quen sempre me esforcei en servir porque vos sei amar máis que a ninguna outra cousa, que lle diredes a quen vos pregunte, pois que me podedes librar da morte, señora, por que me deixades morrer.

(II) Xa que me así tendes no voso poder, fermosa señora, dicídeme unha cousa: que diredes, se alguén vos di que lle digades, se vos prouguer, pois me podedes salvar moi facilmente, señora, por que me deixades morrer?

(III) Xa que me podedes valer en tal coita de morte, así Deus vos perdoe, que diredes, miña señora fermosa, cando isto vos for preguntado: pois vos eu amo moi de corazón, señora, por que me deixades morrer?

(IV) Pois que Deus vos fixo de moito entendemento, fermosa señora, a quen sempre servín, se alguén vos preguntar esta vez, que lle diredes, por Deus que vos creou, pois eu vos amo moito máis que a min mesmo, señora, por que me deixades morrer?