(I) Señora fermosa, véxovos queixar porque vos amo e amei, desde que vos vin; e, xa que por isto vos queixades de min, se niso queredes facer xustiza, velaquí estou no voso poder.
(II) Pois vos de min non queixades por outra cousa senón porque vos amo moito, e vexo que vos queixades por iso, señora de min e meu ben e meu mal, velaquí estou no voso poder.
(III) Señora, se vós considerades razoábel que eu reciba xa morte por isto, eu non teño quen me defenda de vós, e por iso, coita do meu corazón, velaquí estou no voso poder, (1) en que sempre estiven e xa sempre hei estar.