(I) Fermosa señora, véñovos dicir canto mal me fai o voso amor para que me digades vós, ai miña señora, por Deus, que vos deu tal fermosura, miña fermosa señora, que proveito tirades vós de todo o mal que por vós me vén?
(II) E porque vos amei desde que vos vin e vos amo máis que a cantas cousas existen, dicídeme agora, así Deus vos perdoe, pois eu outro mal non vos merecín, miña fermosa señora, que proveito tirades vós de todo o mal que por vós me vén?
(III) Non obstante, señora, nunca vos eu ousei comentar nada da miña coita que me fixo sufrir o voso amor; mais, pois sufro tanto mal por vós, miña fermosa señora, que proveito tirades vós de todo o mal que por vós me vén?