(I) Señora, o mal que me a min fai Amor e a gran coita que me fai sufrir, a vós o debo agradecer, e a Deus, que me vos deu por señora, porque ben o fago coñecedor disto: (de) que por nada máis mo podería facer (II) senón por vós, que tendes gusto polo moi gran mal que me a min fai ter; e pois vos prace e lle dades o poder, fermosa miña señora, de me facer o que quixer, en canto eu for (servidor) voso e non vos quixerdes apiadar de min (III) e da gran coita e do mal de que fun sufridor, desde hai moito tempo, sen o meu agrado, a vós debo eu estar moi agradecido, pois Deus non me dea de vós, señora, ben –que me pode amparar de seu pavor (de Amor)–, se eu hoxe coñezo outra cousa por que o temer; (IV) mais, por Deus, que vos foi dar o maior ben que eu doutra dona ouvín dicir, (pídovos) que non me deixedes esquecido sen me defenderdes del, señora, pois ben penso, por como é traidor, que me mate cedo, e despois non querer

(1) agradecérvolo, logo que eu estiver morto; e por canto ben vos fixo Deus, señora, gardádevos de tal erro cometer.